Dirixido a graduados do ámbito empresarial, ademais de carreiras técnicas e profesionais das TIC en activo, comezará o 30 de setembro e terá unha duración de nove meses.
Capacitará tecnicamente aos alumnos en competencias, habilidades e ferramentas tecnolóxicas, así como no dominio de metodoloxías de liderado e negocio, a través da formación dual, traballando e estudando nas empresas, durante 6 meses remunerados.
O prazo de inscrición esta aberto e pecharase en canto se cubran as prazas, a través da web www.imatia.com/es/software-y-negocio-digital/
Santiago, luns 5 de agosto de 2019.- As empresas do Clúster TIC e a Universidade de Vigo únense para facilitar o emprego e a formación dual en Galicia, a través do primeiro curso de Posgrao en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital, trala firma dun acordo de colaboración que ten como obxectivo, abrir as portas do sector tecnolóxico a estudantes e profesionais alleos ao sector TIC, a través de formación práctica nas empresas, sen necesidade de coñecementos informáticos previos.
O curso, dirixido a graduados en titulacións de ámbito empresarial (ADE, Empresariais, Dereito, Comercio e Marketing, Turismo, Deseño…), carreiras técnicas (Informática, Telecomunicacións, Industriais, Matemáticas, Física…) e profesionais das TIC en activo interesados en explotar o potencial das empresas dixitais comezará o 30 de setembro e terá unha duración de nove meses.
Capacitará tecnicamente aos alumnos en competencias, habilidades e ferramentas tecnolóxicas, así como no dominio de metodoloxías de liderado e de negocio, aplicables no desenvolvemento da actividade práctica empresarial.
Ofrece unha formación multidisciplinar e saídas laborais en perfís técnicos (desenvolvemento de software, técnicos de soporte, control de calidade, etc.), consultoría (transformación dixital, análise funcional, industria 4.0, etc.), desenvolvemento de negocio (marketing e vendas para produtos tecnolóxicos…), xestión (xestión de equipos, Scrum master, responsable de produto…) e emprendemento (e-commerce, aplicacións empresariais, servicios de desenvolvemento TIC, etc).
O período formativo contemplará clases prácticas na Universidade de Vigo ou en remoto dende outras ubicacións, en horario de luns a xoves, de 16 a 19 h., e seis meses de formación e traballo remunerado en empresas galegas -de luns a venres, de 9 a 14 h.-, onde os participantes aprenderán a desenvolver proxectos e solución reais.
Con este posgrao, o Cluster TIC, Imatia e a Univeridade de Vigo pretenden cubrir unha demanda real do mercado, adaptándose as novas necesidades e perfís solicitados polas empresas, contribuíndo así a impulsar un sector en auxe e cunha gran capacidade de empregabilidade -o 55% das empresas demandan este perfil e cada ano hai máis de 100.000 postos vacantes sen cubrir-.
Saúdos.
Gabinete de prensa.
Nota de prensa