Ourense, 15 de decembro de 2020.- Un total de 256 fogares do rural de Grou, na Baixa Limia, dispoñen xa do servizo de fibra óptica. Telefónica está a realizar a instalación desta tecnoloxía neste termo municipal de Lobios dende hai varias semanas e a conexión xa poderá establecerse en varias localidades da parroquia de San Mamede de Grou. Así, o servizo está xa dispoñible en Cima de Vila, Casardomato, O Eido, Casar de Cima, o Souto, Ferreiros, Corgo, Carreira, Pazos, A Cruz, Reguengo, Silvares, Requeixo, Barrallo, Foz e A Rasela, . Nos vindeiros días, e para facilitar a información da veciñanza, colocaranse bandos informativos para explicar como informarse sobre estas conexións.
Estes serán os primeiros puntos (16 núcleos ) con conexión á fibra óptica do municipio de Lobios onde Telefónica está a desenvolver o despregue. Antes de que remate o 2020, a conexión chegará a 5 parroquias mais ( 553 vivendas) do concello de Lobios no que supón aproximadamente o 65% do termo municipal, cun alcance inicial previsto de 982 unidades inmobiliarias para finais do 2021.
Asimesmo, en Entrimo (869 viviendas) e Lobeira (275 Viviendas) estase a despregar fibra de Telefónica.
Dende Telefónica estase a seguir o desenvolvemento dos traballos. “Tentaremos que as conexións vaian chegando a todas as parroquias, no que será un gran paso para o desenvolvemento do noso rural, indica o xefe de Operacións de Telefónica en Galicia e Asturias, César Rodríguez. “A fibra chegará aos pobos de toda a provincia —engadiu—, achegando a todos os servizos como son Movistar+, voz IP e velocidades de ultima xeración. O mesmo do que se desfruta nas cidades e o teletraballo serán posibles no rural, o que axudará a que moita xente non abandone os pobos”.
A extensión acométese a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento, co proxecto de extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades de poboacións galegas.
Nota de prensa