A gala de entrega dos premios terá lugar no transcurso do Startup Congress Galicia, en Palexco (A Coruña), o vindeiro 2 de abril
O certame consta de nove categorías: Mellor Startup, Mellor Proxecto Open Innovation, Mellor Campaña de Marketing Dixital, Mellor Proxecto de Innovación, Mellor Produto Tecnolóxico, Mellor Internacionalización, Premio Iniciativa TIC, Premio Traxectoria e Mención Especial
O prazo de presentación das candidaturas está aberto ata o 25 de marzo a través da nova web do Clúster TIC de Galicia, que se lanza coincidindo con este recoñecido evento
Santiago, mércores 11 de marzo de 2020.- O Clúster TIC de Galicia, en colaboración coa Laconnetwork, organizan unha nova edición dos Premios TIC Galicia que se entregarán o vindeiro 2 de abril no recinto Palexco, en A Coruña, durante o transcurso do Startup Congress Galicia. Xa está aberto o prazo de inscrición de proxectos para as diferentes categorías, que teñen como obxectivo recoñecer e dar visibilidade á labor das persoas, organizacións, institucións e empresas relacionadas co sector das TIC na comunidade galega.
A convocatoria das candidaturas estará aberta ata o 25 de marzo ás 23:59 horas na nova web do Clúster TIC de Galicia, que se estrea coincidindo con este importante evento, que xa constitúe unha cita ineludible do sector (https://clusterticgalicia.com/premios-tic-bases). O ano pasado, un total de 37 entidades presentaron 56 candidaturas ás distintas categorías que conforman os premios, sen dotación económica pero que conlevan un importante recoñecemento para os finalistas e gañadores.As empresas interesadas poden presentar as súas candidaturas aos galardóns de Mellor Startup, Mellor proxecto Open Innovation, Mellor campaña de Marketing Dixital, Mellor Proxecto de Innovación, Mellor Produto tecnolóxico e Mellor Internacionalización. As propostas serán evaluadas por un Comité Avaliador Experto, formado por empresas integrantes do comité de dirección e que seleccionarán un mínimo de sete proxectos. Estes serán os que se presenten ao xurado, alleo á organización e que estará formado por especialistas e expertos para cada unha das categorías. O proxecto con máis puntuación en cada categoría será o gañador, que só se dará a coñecer o día da gala. Con anterioridade anunciaranse os tres finalistas por categoría.
Ademais, entregarase un premio á mellor Iniciativa TIC dedicado a organismos, asociacións, fundacións públicas ou privadas que axudan á creación, lanzamento e asentamento de empresas e emprendedores e outro que distinguirá unha Traxectoria en concreto. Para estes recoñecementos, será a propia organización a que propoña aos candidatos, se ben tamén se aceptan propostas que se poden deixar nos respectivos apartados da páxina web do Clúster TIC de Galicia.
Por último, o premio Lacon Evanxelizador recoñecerá, a xeito de mención especial, ás persoas físicas que se implican constantemente nun sector que xira en torno a moi boas ideas coa innovación como base, ademais de organizar con excelencia algún dos eventos mensuais que se desenvolven ao longo de todo o ano en Galicia.
Máis información: https://clusterticgalicia.com/premios-tic-bases/
Saúdos.
Gabinete de prensa.
Nota de prensa