–Os ganadores coñeceránse mañá xoves na gala Lacon9th, ás 19:00 no Palexco, A Coruña.
–Os proxectos finalistas destacan pola súa calidade, innovación e vinculación coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación
–Ata mañá ás 13:00 horas poderá votarse online aos candidatos a mellor startup, campaña de marketing dixital, desenvolvemento de software libre, I+D+i, e o premio Lacon Evanxelizador
A Coruña, 6 de febreiro 2019.- Cincuenta e seis proxectos do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación galego compiten por facerse cun galardón nos premios TIC Galicia, impulsados polo Clúster TIC en colaboración con Laconnetwork,.
Os gañadores coñeceránse mañá xoves ás 19:00 horas na gala que se celebrará no Palexco, da Coruña. Este recoñecemento, suporá a visibilización do esforzo das organizacións, institucións e empresas galegas vinculadas ao campo das TIC.
Un total de 37 entidades presentaron 56 candidaturas ás 9 categorías en competición dos premios, personalidades, produtos ou proxectos empresariais que tiveron especial repercusión en Galicia no ano 2018 e estiveron fortemente vinculados á difusión do valor da tecnoloxía.
Ata mañá xoves, ás 13:00 horas poderán ser votados a través da páxina web https://www.laconnetwork.com/ os 15 finalistas das categorías “Mellor Startup”, “Mellor Campaña de Marketing Dixital” “Mellor Desenvolvemento de Software Libre”, “Mellor Innovación (I+D+i)” e “Mención especial – Premio Lacon Evanxelizador”.
15 proxectos finalistas
Mellor Startup
- Alén Space: provedor de solucións de negocios baseadas en nanosatélites que busca reducir as barreiras de acceso ao espazo, poñendo as ideas de negocio dos seus clientes en órbita de modo máis rápido, fiable e barato posible..
- Aerocámaras: a operadora de drons nº1 en España. Foron pioneiros en
servicios profesionais con drons e están á cabeza en I+D co dron de maior autonomía do mercado.
- Muutech: Startup de solucións de monitorización enfocada, ademais de a contornas de sistemas de información, a contornas industriais e de produción.
Mellor Desenvolvemento de Software Libre
- Strelia Electrotecnia e Hércules, polo proxecto BOIA BARES – Monitorizado oceonográfico de ondas, direccional e de alta precisión.
- Queres Tecnologías, polo proxecto Xedoc: custodia electrónica de documentos que ofrece interfaces de interoperabilidade específicas para contornas clínicas baseada en estándares sanitarios.
- Alia Technologies, polo proxecto EnALIA: Un desenvolvemento específico para o sector vitivinícola que integra operacións de control dos proxectos de recollida de materias primas, control de maduración do viño, entre outros.
Mellor Campaña de Marketing Digital
- Roi Digital, pola campaña “Pescanova_Desenvidiate” que buscaba levar a “Desenvidia” a todos os fogares españois
- Atlántica Comunicación, pola campaña “Lenda Pet Food”, estratexia de comunicación integral executada en 2018 para a marca de alimentación superpremium para cans e gatos, Lenda.
- R Cable, pola campaña “Demogorgons para moitos días”, para anunciar a posibilidade de ver Netflix a través do deco 4k de R. A través duns dos mellores comunicadores galegos de todos os tempos, Santiago Pemán.
Mellor Innovación (I+D+i)
- Developers Forensics Tools, polo proxecto “DirectDump” que monitoriza sistemas de forma transparente, alerta de intrusións, permite tomar contramedidas en caso de ataques, e fai un informe forense automatizado con validez xudicial
- Bahía Software, polo proxecto “DIAPA” para desenvolver un sistema que de soporte e optimice os fluxos de traballo implantados na Rede Nacional de Biobancos.
- Agrupación Galicia, polo proxecto “Mruta” que automatiza totalmente aloxamentos non atendidos. Funciona como motor de reservas, xestión do aloxamento, partes policiais, apertura de portas, control domótico, ata facturación.
Mención Especial Evanxelizador:
- Gonzalo Garre, CMO en Livetopic
- Miguel Varela, CEO de Teimas Desenvolvemento
- Juan Pedro Granados, CEO, CDO e CMO en estati.co
O gañador nestas 5 categorías será decidido pola media da valoración do Comité de Sabios e a votación pública. Nas restantes 4 categorías: Mellor Iniciativa TIC, Mellor Empresa Tractora, Mellor Internacionalización e Ménción Especial – Premio Trayectoria, o Comité de Sabios escollerá directamente o gañador.
Sobre o Clúster TIC Galicia
O Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que se constituíu no 2008 co obxectivo de reunir as empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia.
Plenamente comprometido coa sociedade galega, o Clúster xera sinerxías para favorecer o cambio de modelo produtivo de cara a unha economía baseada na innovación e na produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.
Sobre Laconnetwork
Laconnetwork é un referente no ámbito emprendedor galego dende 2010. Organiza reunións mensuais os últimos venres de cada mes en distintas localizacións galegas para poñer en contacto a empresas, institucións e empresarios ao mesmo tempo que visibiliza os proxectos innnovadores dos mesmos. Unha vez ao ano celebran un evento de grandes dimensións que comparte o espíritu das xuntanzas periódicas e no cal, dende 2016, se entregan os premios Lacón aos proxectos emprendedores máis destacados de Galicia.
Nota de prensa