
Os galardóns recoñecerán a empresarios, institucións e asociacións en nove categorías vinculadas directamente ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación
O prazo de candidatura permanecerá aberto ata o 20 de xaneiro de 2019
A Coruña, 14 de decembro 2018.- Co obxectivo de visibilizar o esforzo das organizacións, institucións e empresas vinculadas ao sector TIC radicadas en Galicia, o Cluster TIC, en colaboración con Laconnetwork, convoca a segunda edición dos Premios TIC Galicia.
Estes galardóns recoñecen a labor levada a cabo durante o ano 2018 daquelas empresas e emprendedores que deseñan, desenvolven e implantan procesos ou servizos galegos focalizados na innovación e no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Os participantes poderán presentar a súa candidatura en nove categorías distintas, das cales cada unha recoñece un risco específico dos proxectos do dixitais. Así, “Mellor Startup” está adicado a aquelas empresas galegas con menos de dous anos de traxectoria; “Mellor Desenvolvemento de Software Libre” pon o foco naquelas compañías que desenvolveran a mellor solución de programación baixo esta licenza; “Mellor Campaña de Marketing Dixital” recoñece aquelas accións de marketing dixital que foran lideradas por empresas de medios dixitais galegas; “Mellor Empresa Tractora” está pensado para aquelas compañías que apostan e confían nas Startups galegas contratando os seus produtos e servizos; “Mellor Iniciativa TIC” busca a aquelas asociacións, institucións e organizacións que axudan na creación, lanzamento e asentamento de empresas e emprendedores; “Mellor Innovación (I+D+i)” galardoará a aqueles organismos, fundacións e asociacións que realizasen as mellores inversións en innovación en 2018; por último “Mellor Internacionalización” premiará a aquelas empresas galegas que presenten o mellor plan de internacionalización en 2018.
Dentro das nove categorías premiadas, tamén se inclúen dúas mencións de honra para visibilizar a aquelas persoas e empresas que presentan unha especial implicación co sector TIC galego. Estas son o “Premio Lacón Evanxelizador”, que se outorgará ás persoas que se implican de forma específica e constante na difusión do sector TIC autonómico e que organizaron de forma exitosa algún dos encontros mensuais Laconnetwork; e o “Premio Traxectoria”, que recoñece ás persoas que, de forma recurrente e constante se implican nas TICs galegas.
As persoas interesadas en inscribirse deben facelo na páxina web https://www.laconnetwork.com/candidaturas/ ata o 20 de xaneiro de 2019. Este será o único método válido para presentar unha proposta aos premios TIC Galicia 2018.
Tódolas candidaturas recibidas ata o 20 de xaneiro de 2019 serán evaluadas por un comité de especialistas do sector que terá voz e voto para seleccionar aos finalistas. Unha vez cerrada a fase de pre-selección, os finalistas elixidos das categorías “Mellor Startup”, “Mellor Desenvolvemento de Software Libre”, “Mellor Campaña de Marketing Dixital”, “Mellor Innovación (I+D+i)” e “Mención especial – Premio Lacon Evanxelizador”; serán feitos públicos e procederase a unha votación popular online que terá un peso do 50% sobre o resultado final, o outro 50% será a valoración do comité de especialistas. As categorías “Mellor Iniciativa TIC”, “Mellor Empresa Tractora”, “Mellor Internacionalización” e a “Mención Especial – Premio Traxectoria” outorgaranse directamente polo comité de especialistas.
A gala de entrega dos premios TIC Galicia terá lugar no evento anual Laconnetwork 2019.
Sobre o Clúster TIC Galicia
O Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que se constituíu no 2008 co obxectivo de reunir as empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) da Comunidade Autónoma de Galicia.
Plenamente comprometido coa sociedade galega, o Clúster xera sinerxías para favorecer o cambio de modelo produtivo de cara a unha economía baseada na innovación e na produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.
Sobre Laconnetwork
Laconnetwork é un referente no ámbito emprendedor galego dende 2010. Organiza reunións mensuais os últimos venres de cada mes en distintas localizacións galegas para poñer en contacto a empresas, institucións e empresarios ao mesmo tempo que visibiliza os proxectos innnovadores dos mesmos. Unha vez ao ano celebran un evento de grandes dimensións que comparte o espíritu das xuntanzas periódicas e no cal, dende 2016, se entregan os premios Lacón aos proxectos emprendedores máis destacados de Galicia.
Nota de prensa