Será mañá xoves durante a Xornada Tecnolóxica que terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, ás 9:30 h.
Empresas punteiras do sector presentarán as súas solucións innovadoras en sectores como a automoción, a alimentación ou o audiovisual
Clausurará a xornada Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018.- O Cluster TIC Galicia, en colaboración co IGAPE, presentará mañá, durante a Xornada Tecnolóxica que terá lugar na Cidade da Cultura a partir das 9:30 h., as novas solucións innovadoras que se están a desenvolver e comercializar en Galicia en sectores como a automoción, a alimentación, o desenvolvemento e deseño de software ou o audiovisual.
O acto será inaugurado polo presidente do Cluster TIC Galicia, Antonio Rodríguez, e o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, e contará coa asistencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que será o encargado de clausurar o evento.
Na xornada participarán empresas punteiras no sector TIC como Xesol Innovation, Tecalis, Situm, Ozona, Cleventy, Cinfo, Ava o Councilbox.
Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente a través do correo info@clusterticgalicia.com ou no teléfono 881 939 651.
Convocatoria Programa