A Cidade da Cultura de Santiago será o escenario desta primeira xornada de Turismo e Tecnoloxía que se celebrará mañá xoves 27 de febreiro
O evento, configurado como un punto de encontro, debate e intercambio de experiencias, contará co experto en Big Data Alex López e o experto en Social Selling Alex Rayón
O prazo de inscrición esta aberto a través da web www.loopcongress.com
Santiago, mércores 26 de febreiro de 2020.- Os profesionais das TIC e do turismo reúnense mañá xoves, 27 de febreiro, en Santiago de Compostela na I Xornada de Turismo e Tecnoloxía ‘Loop Congress’, un evento organizado conxuntamente polo Clúster TIC de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia.
O congreso, dirixido a profesionais do sector TIC e do turismo, ten como obxectivo que se poidan descubrir as vantaxes que esta unión pode aportar ás empresas, coñecendo as novas tendencias do Social Selling e aplicando tecnoloxía baseada no Big Data.
A xornada contará cos expertos no sector Alex Rayón, director en Big Data na Universidade de Deusto, e Alex López, profesor da Universidade de Navarra en Social Selling, que analizarán as novas tendencias en Big Data e Social Selling, e os resultados do traballo conxunto do turismo e a tecnoloxía.
O ‘Loop Congress’ acollerá, ademáis das ponencias destes dous expertos, unha mesa redonda sobre a preparación do sector turístico ante as tecnoloxías disruptivas, una charla sobre a visión da administración na actividad turística de Galicia e pechará cunha xuntanza de networking entre os socios do Clúster TIC e do Clúster de Turismo.
Data: 27 de febreiro
Horario: 9.30h a 17h.
Lugar: Edificio CINC (Centro de Innovación Cultural), na Cidade de Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
Máis información: https://loopcongress.com/
Contacto Clúster de Turismo para información e entrevistas:
Mail: prensa@clusterturismogalicia.com
Teléfono: (+34) 652 122 388
Contacto Clúster TIC para información e entrevistas:
Mail: info@atlanticacomunicacion.com
Teléfono: (+34) 986 260 680
Saúdos.
Gabinete de prensa.
Nota de prensa